Baixa Limia - Serra do Xurés
parque natural galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural galego, unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) nas serras da raia ourensá e da Baixa Limia. Destaca por ser o parque galego máis amplo, o máis agreste e de maior altitude, pois abrangue as serras de Laboreiro, do Xurés e da Pena. É ademais o único espazo natural galego con algunha flora e fauna xa máis característica do clima mediterráneo.[2][9][5][3][6][4][10][11]
Máis información Marco Legal, Datos de interese ...
Baixa Limia - Serra do Xurés | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural, ZEC, ZEPA, Reserva da biosfera (Parte de) | ||
Ano de constitución: | 1993[1] | ||
Superficie: | 29.345 ha. (Parque)[2], 33.921 ha. (ZEC)[3][4] e 31.287 ha. (ZEPA)[5][6] | ||
Lexislación: | Parque Natural, ZEC, ZEPA | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia de Ourense | ||
Concellos: | Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e Calvos de Randín. | ||
Ríos: | río Limia | ||
Picos | Alto da Nevosa (1532), Coto de Fonte Fría (1497), Altar dos Cabrós (1491), Alto do Candal (1424), As Albas (1382), Mota da Cabreira (1303), Cabezas de Maudelo (1316), Coto do Corno Dourado (1302)[8] | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pechar
Este parque foi declarado en 1993 e forma un continuo xeográfico co Parque Nacional de Peneda-Gerês de Portugal. Desde 2009 os concellos de ambos parques forman a Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.[12][13]