From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabalo albardeiro[1] é un cabalo de traballo usado pola súa capacidade de tracción. Os cabalos de tiro empregábanse para a labranza ou para arrastrar ferramentas agrícolas, e como forza motriz de carros e carruaxes. Tamén se usaron cabalos de tiro para mover maquinaria cun dispositivo mecánico axeitado. Os usos tradicionais anteriores refírense a animais de tiro pesado. Tamén hai cabalos de tiro lixeiro que permiten velocidades de desprazamento superiores.
Existen un gran número de razas de cabalo de tiro, cada un coas súas características pero que teñen en común a súa gran forza, a paciencia e un temperamento doce que os fixo indispensables para xeracións de granxeiros preindustriais. Un cabalo de tiro esixe un coidado e unha alimentación adecuadas en función do traballo requirido.[2] Os custos de mantemento poden ser importantes.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.