linguaxe de programación From Wikipedia, the free encyclopedia
C é unha linguaxe de programación creada no 1969 por Ken Thompson e Dennis M. Ritchie nos Laboratorios Bell baseándose nas linguaxes BCPL e B. Ao igual que os seus dous predecesores, é unha linguaxe orientada á implementación de sistemas operativos (os sistemas operativos Linux e UNIX están escritos maiormente en C), pero converteuse nunha linguaxe de propósito xeral dos máis usados.
C | |
---|---|
Paradigma | imperativa, estruturada |
Data | 1972[1] |
Deseñador | Dennis Ritchie |
Desenvolvedor | Dennis Ritchie e Bell Labs (creadores); ANSI X3J11 (ANSI C); ISO/IEC JTC1/SC22/WG14 (ISO C) |
Última versión | C11 |
Tipo de dato | estática, deble, manifesta, nominal |
Dialectos | Cyclone, Unified Parallel C, Split-C, Cilk, C* |
Influído por | B (BCPL, CPL), ALGOL 68, Assembly, PL/I, FORTRAN |
Influíu | Multitude: AMPL, AWK, csh, C++, C--, C#, Objective-C, BitC, D, Go, Java, JavaScript, Julia, Limbo, LPC, Perl, PHP, Pike, Processing, Python, Rust, Seed7, Vala, Verilog (HDL) |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Trátase dunha linguaxe non fortemente tipada de medio nivel pero con moitas características de baixo nivel. Dispón das estruturas típicas das linguaxes de alto nivel pero, á súa vez, dispón de construcións da linguaxe que permiten un control a moi baixo nivel. Un exemplo é a posibilidade de mesturar código en linguaxe ensambladora con código C ou acceder directamente a memoria o dispositivos periféricos. Destaca a súa grande riqueza de operadores e expresións.
Existe un estándar ISO do 1986 denominado ANSI C. En teoría, unha linguaxe 100% ANSI C sería portable entre plataformas e/ou arquitecturas pero na práctica isto non é sempre certo.
Desde a súa aparición da linguaxe xurdiron varias ramas de evolución que xeraron varias novas linguaxes:
A compilación dun programa C realizase en varias fases que normalmente son automatizadas e ocultadas polos contornos de desenvolvemento:
#include
) polas declaracións reais existentes no ficheiro indicado.Segue o clásico exemplo "Ola mundo!" en C:
/* O noso primeiro programa en C */ #include <stdio.h> //Incluímos a biblioteca standard input output main() { printf("Ola mundo!\n"); }
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.