![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Covid-19-curves-graphic-social-v3-es.gif/640px-Covid-19-curves-graphic-social-v3-es.gif&w=640&q=50)
COVID-19 no embarazo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto do COVID-19 no embarazo non se coñece por completo debido á ausencia de datos fiables.[1] Os resultados dun estudo limitado en China mostran que as características clínicas da pneumonía COVID-19 en mulleres embarazadas son similares ás de mulleres non embarazadas.[2] A data de abril de 2020, non hai ningunha evidencia de transmisión vertical de COVID-19 de nai a bebé no último trimestre de embarazo. As predicións baseadas en infeccións similares como o SARS e MERS suxiren que as mulleres embarazadas teñen maior risco de infección severa.[3]
Datos rápidos Prevención ...
COVID-19 no embarazo | |
---|---|
![]() | |
Prevención | Tapar a boca coa parte interior do brazo ao tusir, evitar o contacto con xente doente, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar