Burj Khalifa
rañaceos da cidade de Dubai From Wikipedia, the free encyclopedia
rañaceos da cidade de Dubai From Wikipedia, the free encyclopedia
Burj Khalifa (en árabe, برج خليفة) é un rañaceos da cidade de Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos. Con 828 metros de altura, é dende 2010 a construción máis alta realizada polo ser humano.[1]
Burj Khalifa | |
---|---|
Edificio | |
Nome inicial | Burj Dubai |
Custo | 1,14 mil millóns de euros |
Enderezo | 1 Emaar Boulevard |
Localización | Dubai, Emiratos Árabes Unidos |
Coordenadas | 25°11′50″N 55°16′27″L |
Construción | |
Inicio | 21 de setembro de 2004 |
Remate | 4 de xaneiro de 2010 |
Dimensións | |
Altura | 828 m |
Altura da azotea | 587 m |
Altura da última planta | 584,5 m |
Plantas | 163 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa construción comezou o 21 de setembro de 2004 e a súa inauguración oficial foi o 4 de xaneiro de 2010. O arquitecto redactor principal do proxecto foi Adrian Smith, que traballou xunto á firma Skidmore, Owings and Merrill (SOM) de Chicago ata 2006. A construción do Burj Khalifa contou cun orzamento estimado de máis de 4.000 millóns de dólares, que se incrementou ata os 20.000 millóns para o desenvolvemento completo do Downtown Burj Khalifa. Parte do custo do edificio foi financiado pola familia do emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum, entre os que destaca o seu sobriño Fuad bin Rashid Al Maktoum de tan só 20 anos, que financiou 25 millóns de dólares do proxecto.
O 21 de xullo de 2007 o Burj Dubai superou ó que era ata entón o edificio máis alto do mundo, o Taipei 101 de 509 metros. O 17 de xaneiro de 2009 o edificio acadou a súa altura máxima, 828 metros.
O edificio forma parte dunha zona en desenvolvemento de 2 km² chamada Downtown Burj Dubai nas proximidades do distrito de negocios de Dubai, onde tamén está o Burj al-Arab. O presuposto da obra é de 4 mil millóns de dólares para o rañaceos e 20 mil millóns para todo o centro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.