Burca
vestimenta / From Wikipedia, the free encyclopedia
O burca[1] (do árabe, برقع burqa[2]`, urdú, بُرقع) pode referirse a dúas formas de roupa tradicional usadas por mulleres nalgúns países de relixión islámica, principalmente no Afganistán, onde é a vestimenta imposta ás mulleres afgás pastúns fóra de casa.
- A primeira e máis coñecida por este nome é unha peza que cobre o corpo e a faciana por completo, a miúdo chamada burca completo ou burca afgán e que en ocasións é confundida co xador (چادر), peza tradicional iraniana, a cal cobre todo o corpo agás o rostro.
- A segunda, non estritamente un burca, é un tipo de veo que se ata á testa, sobre un cobertor de cabeza e que cobre a face fóra dunha apertura nos ollos para que a muller poida ver a través dela, mellor coñecida como nicab (niqab).
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Ambas as clases de burca son utilizados por algunhas mulleres musulmás como unha interpretación do código de vestido do hixab.