From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bristol Boxkite (aficialmente Bristol Biplane) foi o primeiro avión producido por British and Colonial Aeroplane Company (despois coñecida como Bristol Aeroplane Company). Tratábase dun biplano de impulsión baseado no exitoso Farman III e foi dos primeiros modelos de avións en ser construídos en cantidade. Como o tipo foi usado por Bristol para propósitos de instrución nas súas escolas de voo en Larkhill e Brooklands, moitos dos primeiros aviadores británicos aprenderon a voar nun Boxkite. En 1911 catro unidades foron mercadas pola Oficina de Guerra e vendéronse varios a Rusia e Australia. O avión continuou sendo usado como adestrador ata o inicio da Primeira guerra mundial.
Bristol Boxkite | |
---|---|
Tipo | adestrador |
Fabricante | British and Colonial Aeroplane Company |
Primeiro voo | 30 de xullo de 1910 |
Introducido | 1910 |
Principais usuarios | escolas de voo de Bristol Aeroplane Company Royal Flying Corps Forza Aérea Imperial Rusa Australian Flying Corps |
Produción | 1910 - 1914 |
Unidades construídas | 78 |
A intención orixinal de Sir George White, o fundador e presidente de Bristol Aircraft, era a de construír copias licenciadas do biplano de Zodiac, deseñado por Gabriel Voisin.[1] Un exemplo dese deseño foi importado de Francia e exposto por Bristol nunha mostra aérea en Londres en marzo de 1910, e posteriormente levouse a Brooklands para realizar probas de voo. Os intentos iniciais de facelo voar foron un completo fracaso. Isto debeuse principalmente debido á súa sección da á pouco axeitada, pero o avión tamén estaba falto de potencia polo seu peso, e unhas novas ás pouco poderían facer para mellorar o seu rendemento. Conseguiuse un único voo moi breve o 28 de maio aos mandos de Maurice Edmond, pero tras un accidente que danou o seu tren de aterraxe o 10 de xuño o proxecto foi abandonado.[2]
A Sir George recomendáronlle facerse cos dereitos para construír copias do exitoso biplano de Farman. Isto foi imposible porque George Holt Thomas, fundador de Airco, estaba negociando os dereitos coa compañía Farman, pero George Challenger, o enxeñeiro xefe da fábrica de Bristol en Filton, creu que podería fabricar unha copia xa que os detalles completos do avión de Farman foran publicados na revista Flight. Sir George autorizou isto, e Challenger comezou a traballar nos planos dun novo avión.[3] O primeiro exemplar construíuse en semanas, usando algúns dos compoñentes das copias abandonadas do modelo de Zodiac, e foi entregado á escola de voo da compañía en Larkhill, Salisbury Plain, onde voou por vez primeira o 30 de xullo de 1910 pilotado por Maurice Edmond.[4] Farman demandou a Bristol por infracción de patente, pero os avogados da compañía reclamaron melloras substanciais de deseño en cuestións de detalles construtivos, e finalmente desestimouse a demanda.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.