cidade no sur de Inglaterra From Wikipedia, the free encyclopedia
Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e de poboación foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Suroeste de Inglaterra | ||||
Condado cerimonial | City of Bristol (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 472.465 (2021) (4.310,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 109,6 km² | ||||
Bañado por | Río Severn, Rio Wye (pt) e Rio Avon (pt) | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1155 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Marvin Rees (pt) (2016–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | BS | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0117 | ||||
Código NUTS | UKK11 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bristol.gov.uk | ||||
En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén no Perú, no Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.[2]
Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.
Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.
Bristol é un núcleo industrial activo na industria aeronáutica e metalúrxica. Os seus principais sectores económicos constitúeno a industria aeroespacial, a defensa, o sector financeiro, o sector da comunicación, a tecnoloxía e o turismo. O seu porto, berce da cidade, ten conexión co de Avonmouth e Portishead grazas á canle de Bristol.[3]
É unha cidade nacida na época romana, e o comercio da lá situouna nunha das máis importantes poboacións medievais de Inglaterra. En 1172 Dublín convértese na súa colonia. Nos séculos XIII e XIV o intercambio colonial potencia as súas redes industriais (la, vidro, algodón etc), e nos séculos XV e XVI foi a segunda cidade do reino.
O comercio colonial continúa a súa expansión no século XVIII, e a canalización do río Avon mellorará as condicións do porto. Mais no século XIX Bristol comeza a súa decadencia por mor da abolición da escravitude e deixando a condición de porto principal a Liverpool. No ano 1883, partiu dende Bristol o primeiro transatlántico con destino a América, o Great Western.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.