From Wikipedia, the free encyclopedia
Os brigantes eran unha tribo celta que controlaba a maior parte do norte e gran parte do centro de Inglaterra antes da época romana. O pobo foi sometido polos romanos entre os anos 48 e 79 d.C.
Segundo algúns estudosos, os romanos construíron a muralla de Adriano, entre outras cousas, para separar a zona dos brigantes e Caledonia.
Os brigantes foron o único pobo celta que controlou o territorio tanto en Inglaterra como en Irlanda. A rexión de Yorkshire foi o centro da súa esfera de influencia en Inglaterra. En Irlanda, pódense atopar nas rexións arredor de Wexford, Kilkenny e Waterford, entre outras.[1]
Debido a que hai varios asentamentos históricos chamados "Brigantium" en Europa, os científicos suxeriron que as persoas estaban relacionadas con outras tribos. Por exemplo, nos Alpes había dous asentamentos Brigantii con ese nome, hoxe coñecidos como Bregenz en Austria, Briançon en Francia, ou os brigantes e ártabros brigantinos nas actuais Coruña e Betanzos na Gallaecia prerromana.[2]; tamén se vincula o topónimo ás vilas de Berganzo no País Vasco, Braga en Portugal, e outros (Burgundia, Berezaiti etc.) aínda que nalgúns casos é confluencia e non mesma orixe toponímica.
O poboado principal da tribo era Isurium Brigantum (hoxe Aldborough). Tolomeo menciona nove asentamentos principais dos brigantes:
Nome en latín | Actual | Condado |
---|---|---|
Epiacum | Whitley Castle | Northumberland |
Vinovium | Binchester | County Durham |
Caturactonium | Catterick | North Yorkshire |
Calatum | Burrow, Lonsdale | Lancashire |
Isurium Brigantum | Aldborough | North Yorkshire |
Rigodunum | Castleshaw | Gran Mánchester |
Olicana | Elslack | North Yorkshire |
Eboracum | York | York |
Cambodunum | Slack | West Yorkshire |
Outros asentamentos coñecidos son Bremetenacum Veteranorum (Ribchester, Lancashire), Calcaria (Tadcaster, North Yorkshire), Luguvalium (Carlisle, Cumbria) e Coria (Corbridge, Northumberland).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.