Brigaecinos
pobo prerromano ástur / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os brigaecinos (en latín: Brigaecini) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur[1] augustano ou cismontano. A súa capital era Brigaecia, xunto a Benavente. Este pobo estendíase polo norte da actual provincia de Zamora, incluíndo a rexión de Pobra de Seabra.[2]
Eran o pobo ástur máis meridional.[2] Estaban en contacto con Roma dende tempo atrás, sendo aliados dos romanos durante as guerras cántabras, avisando ó legado imperial Publio Carisio da ofensiva ástur no inverno do ano -25.