Breitkopf & Härtel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Breitkopf & Härtel é unha editorial musical alemá. Fundada en 1719 en Leipzig (Saxonia), é a editorial musical máis antiga do mundo.[1] Breitkopf & Härtel foi o editor orixinal da obra de Johann Sebastian Bach, así como doutros compositores destacados.[2] Actualmente a sede da compañía está na cidade alemá de Wiesbaden (Hessen), e conta tamén con sedes nas cidades de Leipzig, París (Francia) e Londres (Reino Unido), así como na cidade alemá de Taunusstein.[3]
Breitkopf & Härtel | |
---|---|
Bernhard Christoph Breitkopf | |
Fundación | 24 de xaneiro de 1719 |
Localización | Walkmühlstraße, 52 65195 Wiesbaden Alemaña |
Fundador | Bernhard Christoph Breitkopf |
Persoas clave | Johann Gottlob Immanuel Breitkopf Gottfried Christoph Härtel |
Industria | Editorial |
Produtos | Partituras |
Na rede | |
http://www.breitkopf.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fundada por Bernhard Christoph Breitkopf, foi posteriormente adquirida por Gottfried Christoph Härtel, con quen a empresa iniciou unha estreita colaboración para a publicación de partituras dos máis importantes compositores como Beethoven, Mendelssohn, Schumann, Liszt, Wagner, ou Brahms.[2]