relixioso hispano From Wikipedia, the free encyclopedia
Braulio de Zaragoza, tamén coñecido coa variante Boulo[1], nado en Zaragoza arredor do ano 590 e finado na mesma cidade en 651, foi un escritor e bispo visigodo de Zaragoza na Hispania posromana.
Nome orixinal | (la) Braulius Caesaraugustanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 590 (Gregoriano) Cesaracosta (Reino visigodo de Toledo) |
Morte | 651 (Gregoriano) (60/61 anos) Cesaracosta (Reino visigodo de Toledo) |
18º Bispo de Zaragoza | |
631 – 651 ← Juan II de Zaragoza (en) – Samuel Tajón (pt) → Diocese: Diócesis de Zaragoza | |
Bispo Cesaracosta (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Abbey of Santa Engracia (en) |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, bispo católico latino |
Profesores | Isidoro de Sevilla |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de marzo |
Familia | |
Parentes | Juan II de Zaragoza, irmán |
Foi bispo de Zaragoza desde 631 a 651, en cuxa sede sucedeu ao seu irmán Xoán (619-631). Ademais, foi un dos intelectuais máis destacados da España visigoda.[2][3] Tivo relación con Isidoro de Sevilla, de quen catalogou as súas Etimoloxías, ás que lle puxo títulos e dividiu en capítulos. Consérvanse numerosas epístolas que dan idea da fecunda comunicación que mantiveron.
Escribiu unha Vida de San Millán de la Cogolla (h. 640) e un valioso himno en loor do mesmo santo, que está considerado como un dos mellores poemas do período visigodo.[4] Foi o seu discípulo Euxenio de Toledo[5] que chegou a Zaragoza para pórse en contacto con Braulio, e soubo fundir os ensinos do seu mestre e de Isidoro de Sevilla.
Consérvanse 44 cartas do seu Epistolario que, entre outras cousas, ofrecen ampla documentación sobre a cultura do seu tempo e mostran a súa relación co papa Honorio I e cos reis visigodos Chindasvinto e Recesvinto. Tamén se lle atribúen a el as Actas dos Mártires de Zaragoza.
Acudiu aos concilios V (636) e VI (638) de Toledo. Morreu en Zaragoza o ano 651 e foi sucedido na diocese episcopal de devandita cidade por Samuel Tajón.
Aínda que existen dúbidas sobre a súa canonización formal, a Igrexa católica incorporouno ao Martiroloxio Romano e fixou a data da súa conmemoración o 18 de marzo, día que chegou a celebrarse até, polo menos, 1809. Posteriormente, a festividade trasladouse ao 26 de marzo.[6]
En Galicia é padroeiro da parroquia de San Boulo de Caaveiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.