parroquia civil do concello de Cabana de Bergantiños From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Borneiro[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 332 habitantes (163 homes e 169 mulleres), 138 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.
Borneiro | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Cabana de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°11′23″N 8°57′10″O |
Poboación | 332 (163 homes e 169 mulleres) hab. (2018) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Borneiro é atravesado polo rego dos Muíños, que desemboca no río Anllóns na parroquia de Canduas sendo antigamente aproveitado o seu curso por numerosos muíños que lle deron o nome, e dos que hoxe en día aínda se conservan algúns e restos doutros.
Na parroquia sitúase o dolmen de Dombate (monumento megalítico) e o castro de Borneiro (poboado castrexo).
A capela das Virtudes e do Carme, é un templo do século XVI. Atópase no lugar de Briño, nunha carballeira centenaria.
O cruceiro da carballeira de Briño, a carón da capela anteriormente mencionada, está datado como un dos cruceiros galegos máis antigos, sendo construído segundo a inscrición en 1622. No pedestal ten a inscrición Se retocó, trasladó y pintó siendo cura párroco Francisco Lema Martínez natural de esta parroquia. Año 1899, o que testemuña o costume de mover e policromar os cruceiros.
Nesta parroquia celebrase a romaría do Carme do Briño o 18 de xullo e os 24 de xuño réndeselle honor o santo patrón que é San Xoán.
Lugares da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
---|---|
Borneiro | O Briño | Dombate | A Fontefría | A Gándara | A Regueira | Vilaseco | Vista Alegre |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.