![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Basker.jpg/640px-Basker.jpg&w=640&q=50)
Boina
chapeu redondo sen viseira / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha boina (do aragonés: boina a partir do latín: abonnis) ou pucha[1] é un chapeu típico de Europa occidental, usado para cubrir a parte superior da cabeza. O seu tamaño é pequeno, cubrindo só a parte superior do cranio sen abranguer as tempas. Está feita de feltro de la, circular e plana aliñada interiormente cunha coroa de coiro, excepto as militares que a teñen no exterior amosándoa.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Basker.jpg/320px-Basker.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Busto-moncho-valcarce-san-roman-encrobas-cerceda.jpg/640px-Busto-moncho-valcarce-san-roman-encrobas-cerceda.jpg)
Popularizouse a finais do século XIX, entrando na Península Ibérica polos Pireneos, sendo común en Aragón, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. O seu uso foise abandonando a mediados do século XX conservándose só entre a poboación rural máis vella, ata o século XXI. En Galicia foi moi popular entre os homes de todas as idades, de feltro, sen viseira, e xeralmente de cor negra[2].
Coñécese tamén co nome de béret en francés e txapela en éuscaro.