Boado, Xinzo de Limia
parroquia civil do concello de Xinzo de Limia From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Xinzo de Limia From Wikipedia, the free encyclopedia
San Pedro de Boado é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2022 tiña 104 habitantes, dos cales 49 eran homes e 55 mulleres.[2]
Boado | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Boado | |
Concello | Xinzo de Limia[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°04′00″N 7°40′59″O |
Poboación | 104 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas actividades económicas principais son a gandería (vacún), a agricultura (trigo, pataca e produtos da horta). Tamén hai outros servizos como a fontanería, mecánica, e sector servizos.
Hai varias teorías sobre a orixe do topónimo Boado. Pode provir da palabra céltica bed/bud, que significaba "auga parada, charca, fonte", pola súa proximidade á Lagoa de Antela. Tamén é posible que proveña do árabe ouadi ("río"), ou do latín uadum ("fonte"), dado o feito de que en Boado existen máis de vinte fontes.
Gráfica de evolución demográfica de Boado entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[2] |
O patrón da parroquia é San Pedro, que se celebra a última fin de semana do mes de xuño, mais tamén se celebran misas e festas por Ramos, polo magosto e polo Entroido.
Lugares da parroquia de Boado no concello de Xinzo de Limia (Ourense) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.