Blitz
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Blitz ('relampo', en alemán) foi a campaña de bombardeos estratéxicos realizada na segunda guerra mundial pola Luftwaffe - a aviación alemá - contra o Reino Unido, entre o 7 de setembro de 1940 e o 10 de maio de 1941. O nome provén da contracción popular inglesa da palabra alemá Blitzkrieg ('guerra relampo').
Blitz | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Segunda guerra mundial | |||||||
| |||||||
Líderes | |||||||
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() | ||||||
Baixas | |||||||
43 000 civís mortos 139 000 civís feridos 1 023 cazas 376 bombardeiros 148 aeronaves de patrulla 1 042 tripulantes e aviadores mortos |
2 265 avións 3 363 tripulantes e aviadores mortos |
Aínda que atinxise varias cidades en Inglaterra, comezou co bombardeo de Londres, que se seguiu por 57 noites consecutivas.[1] Ao final de 1941, máis de 43 000 civís, a metade deles en Londres, foron vitimados polas bombas, e máis dun millón de casas destruídas ou damnificadas só na rexión londiniense.[2][3]
Londres non foi a única cidade bombardeada pola Luftwaffe durante a Blitz. Outros centros militares e industriais importantes, como Belfast, Birmingham, Bristol, Cardiff, Coventry, Glasgow, Sheffield, Swansea, Liverpool, Hull, Manchester, Portsmouth, Plymouth e Southampton sufriron intensos ataques aéreos que provocaron un alto número de vítimas.
Os alemáns fracasaron completamente en atinxir o obxectivo da Blitz, que sería minar a moral do pobo británico e facilitar unha potencial invasión da Gran Bretaña. En maio de 1941, a ameaza da inminente invasión pasara, e Hitler redireccionou a súa atención para o leste da Europa. Aínda que os alemáns nunca máis conseguisen bombardear a Gran Bretaña en larga escala novamente, continuaron con ataques menores durante a guerra, elevando o número de vítimas civís para 51 509.
En 1944, o desenvolvemento das bombas voadoras V-1 e V-2 permitiron que a Alemaña, unha vez máis, atacase Londres: desta vez, con armas lanzadas a partir do continente europeo. No total, as armas V mataron 8 938 civís en Londres e no sueste.[4]