rei lexendario de Suecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Biorno Costado de Ferro (en dinamarqués: Bjørn Jernside; en sueco: Björn Järnsida; en nórdico antigo: Bjǫrn Járnsíða; en latín: Biornus, Bier Costae ferreae) foi un xefe viquingo semilendario, de orixe dinamarquesa, que teria vivido no século IX. Segundo a lenda, o alcume Järnsida ("Costado de Ferro") foille atribuída pola súa invulnerabilidade, despois de que a súa nai lle dera unha apócema máxica.[1][2]
Nome orixinal | (nb) Björn Járnsíða |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IX |
Morte | valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Munsö (en) |
Rei de Suecia | |
Actividade | |
Profesores | Hastein (en) |
Familia | |
Familia | Casa de Munsö (pt) |
Fillos | Erik Björnsson, Refil |
Pais | Ragnar Lodbrok e Aslaug |
Irmáns | Sigurd Ragnarsson Ivar o Desosado Ubba Ragnarsson Halfdan Ragnarsson Hvitserk |
Segundo a Saga de Hervör e a Saga de Ragnar Lodbrok, Biorno tería sido un dos catro fillos de Ragnar Lodbrok con Aslauga,[3] tendo herdado o domínio de Svitjod, embrión da futura Suecia. Dise que foi o primeiro soberano da Casa de Munsö.[4][5][6][7]
Biorno comandou unha expedición viquinga de pillaxe no século IX á rexión do río Sena na Francia, e máis tarde, xunto aos seus irmáns, á península, ao sur de Francia e a Italia. Participou igualmente en expedicións de conquista en Inglaterra. Regresado a Escandinavia, viviu o resto dos seus días como un home rico. Segundo a lenda, está sepultado nun montículo, chamado "túmulo de Biorno Costado de Ferro" (Björn Järnsidas hög), con 5 m de alto e 20 m de largo, encontrado no século XVIII na illa de Munsö por uns anticuários. Na cima dese montículo, están os restos dunha pedra rúnica catalogada como U 13.[5][4][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.