Billete de 200 euros
billete da serie do euro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O billete de 200 euros é o billete da serie do euro co maior valor facial en produción, logo do cesamento da impresión do billete de 500 euros en 2019. Está en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.
Billete de 200 euros |
---|
|
Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 852.000.000 billetes de 200 euros en circulación na Eurozona. É o segundo valor facial de menor circulación, cun 2,9 % do total de billetes da serie do euro, despois do billete de 500 euros.[3]
É tamén o segundo billete de maior tamaño, cunhas medidas iniciais de 153 × 82 mm. A primeira serie (2002-2019) ten unha combinación de tons da cor amarela, e a segunda serie combina o amarelo imperante con detalles en marrón.
Os billetes de 200 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas de estilo Art Nouveau (séculos XIX e XX). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.
O billete de 200 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", entrou en circulación o 28 de maio de 2019.[4]