From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha bigornia[1] é unha peza de ferro ou aceiro alongada sobre a que se machuca outro obxecto. A súa utilidade está determinada polo seu tamaño, xa que canto máis inerte sexa a bigornia, máis eficientemente será transmitida a enerxía da ferramenta golpeadora á peza de traballo. A bigornia empregada como unha ferramenta de forxa coñécese como engra, incre ou zafra. Antes do descubrimento da tecnoloxía moderna de soldadura, foi un instrumento fundamental para os ferreiros.[2][3]
A meirande parte das bigornias modernas están feitas de aceiro, de ferro fundido ou dunha mestura de ferro e aceiro. Debido a que o uso das bigornias é moi antigo e foron outrora moi cotiás, teñen hoxe en día un significado simbólico por riba do seu uso como obxectos útiles.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.