Bielsko-Biała
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bielsko-Biała (en alemán: Bielitz-Biala; checo: Bílsko-Bělá) é unha cidade do sueste polaco situada no Voivodato de Silesia (dende 1999), previamente a capital do Voivodato de Bielsko-Biała (1975-1998). Bielsko-Biała está composta por dous núcleos de poboación establecidos a ambos lados do río Biała, Bielsko e Biała, unidos en 1951 como unha única cidade. Durante a primeira partición de Polonia no ano 1772, Biała foi anexionada por Austria e pasou a formar parte de Galicia ou Galitsia, a rexión histórica do leste de Europa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Voivodato de Silesia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 169.089 (2021) (1.358,04 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 124,51 km² | ||||
Altitude | 300 m-330 m | ||||
Comparte fronteira con | Comuna de Wilamowice (pt) Comuna de Kozy (pt) Comuna de Bestwina (pt) Comuna de Jaworze (pt) Condado de Cieszyn (pt) Szczyrk (pt) Comuna de Brenna (pt) Comuna de Wilkowice (pt) Comuna de Czechowice-Dziedzice (pt) Comuna de Jasienica (pt) Condado de Bielsko-Biała (pt) | ||||
Creación | 1312 (Gregoriano) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 43-300–43-382 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bielsko-biala.pl | ||||
A cidade conta cunha poboación de 174.370 habitantes (2013). Sitúase ao pé dos Montes Cárpatos, moi preto da fronteira coa República Checa e con Eslovaquia. Situada entre Cracovia e Katowice.
As súas actividades turísticas céntranse na práctica do esquí e do sendeirismo e son moi coñecidas as súas rutas polas Montañas Tatra.
A cidade de Bielsko-Biała foi fundada o 1 de xaneiro do ano 1951 cando as cidades adxacentes de Bielsko e Biała foron unificadas. Bielsko, a cal pertenceu durante séculos ao Duque de Cieszyn, foi fundada no ano 1312. Durante 1457 o río Biała serviu de fronteira entre a zona de Silesia e a pequena Polonia. Silesia entón pertencía a Austria, e a rexión da pequena Polonia a Polonia.[1] Non foi ata 1918 cando ambas cidades comezaron a formar parte do renacido país, contando cunha parte significativa da súa poboación pertencente a etnias xermanas. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi sometida ao Terceiro Reich e a súa poboación xudía enviada ao campo de concentración de Auschwitz. Logo da liberación da cidade polo Exército Vermello en 1945, a poboación de etnia xermana foi expulsada da cidade.
O principal río que cruza e divide á cidade é o río Biała («Río Branco» en polaco) cunha lonxitude de 28,6 km. É un afluente do Vístula. O seu nacemento esta localizado entre as ladeiras do Klimczok,Szyndzielnia e das montañas Magura, nunha elevación do redor de 800 m.
Historicamente a fonte económica predominante da rexión foi a industrial. As máis antigas tradicións deste tipo remóntanse á Idade Media e están asociadas coa industria téxtil. Pero a día de hoxe existe un amplo abano de diferentes tipos de industria, o que lle valou á cidade a reputación de rica zona industrial.
A produción de equipamento electrónico, téxtil e as industrias químicas, así como grupos alimenticios e da madeira ocupan hoxe en día a cabeza da lista das empresas punteiras da cidade.
A súa economía continúa coa reestruturación e privatización. Como punto máis relevante da reestruturación a cidade recibiu a participación de investidores estranxeiros. Fiat Auto Poland, unha empresa creada pola marca Italiana Fiat e FSM é un dos exemplos máis notables.[2]
A universidade de Vigo mantén relacións en temas asociados coa telemática e filoloxía e tradución coa ATH, así como unha vía aberta de intercambio de estudantes grazas ao programa ERASMUS no que unha media de 3 alumnos galegos residen na cidade polaca nun intervalo de entre 5 meses e un ano.[3][4]
Membros do Parlamento (Sejm) elixidos en Bielsko-Biała
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.