Voivodato de Silesia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Voivodía da Silesia (en polaco Województwo Śląskie ou abreviadamente Śląsk) é un voivodato do sur da Polonia creada o 1 de xaneiro de 1999, mediante a fusión dos antiga provincias de Katowice, Częstochowa e Bielsko-Biała. Xeograficamente a meirande parte do seu territorio coincide coa rexión histórica da Alta Silesia (Górny Śląsk), da que toma o seu nome.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Województwo śląskie (pl) | |||||
Epónimo | Silesia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Capital | Katowice | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.617.000 (374,36 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua polaca Lingua wymysorys lingua alemá Lingua silesiana Silesian German (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12.333,09 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1999 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PL-24 e PL-SL | ||||
Código NUTS | PL22 | ||||
Páxina web | silesia-region.pl | ||||
O voivodato de Silesia ten fronteira coas repúblicas checa e eslovaca polo sur, e limita cos voivodatos de Opole (ao oeste), Łódź (polo norte), Świętokrzyskie (ao nor-leste) e a Baixa Polonia (polo leste).
A rexión inclúa as terras altas da Silesia (Wyżyna Śląska) e as terras altas de Krakowsko-Częstochowska (Jura Krakowsko-Częstochowska), limitando ao sur cos montes Besquides (Beskid Śląski e Beskid Żywiecki).
A rexión administrativa correspóndese só parcialmente coa Silesia histórica, hoxe dividida entre a República Checa, Alemaña e as voivodías polacas de Opole e a Baixa Silesia. Doutra banda, o voivodato inclúe terras coma Częstochowa, Zawiercie, Myszków, Jaworzno, Sosnowiec, Żywiec, Dąbrowa Górnicza, Będzin e parte de Bielsko-Biała, que historicamente foran parte da Pequena Polonia).
O voivodato conta coa maior densidade de poboación da Polonia, 379 persoa por quilómetro cadrado, (a media nacional é de 124), e sendo unha rexión moi industrializada arredor do 78% dos seus habitantes viven en cidades e vilas.
No voivodato están doce das 40 cidades máis populosas da Polonia. A maiores outras 7 vilas teñen o status legal de distrito urbano, e existen outras 52 que non acadan esa consideración.Instituto de estatística da Polonia
O Voivodato da Slesia está dividido en 36 distritos (Powiat en polaco), 19 rurais e 17 urbanos. Existen distritos que levan o nome destas cidades pero sen comprehendelas na súa xurisdición administrativa. Estes distritos están divididos á súa vez en 167 circunscricións (gmina).
A continuación a lista de powiat en orde de poboación decrecente:
Nome | Superficie (km²) |
Poboación (2006) |
Capital | Outras vilas | Total gminas |
Distritos urbanos | |||||
Katowice | 165 | 315,996 | 1 | ||
Częstochowa | 160 | 246,129 | 1 | ||
Sosnowiec | 91 | 225,202 | 1 | ||
Gliwice | 134 | 199,099 | 1 | ||
Zabrze | 80 | 190,610 | 1 | ||
Bytom | 69 | 187,205 | 1 | ||
Bielsko-Biała | 125 | 176,678 | 1 | ||
Ruda Śląska | 78 | 145,929 | 1 | ||
Rybnik | 148 | 141,382 | 1 | ||
Tychy | 82 | 130,842 | 1 | ||
Dąbrowa Górnicza | 188 | 129,753 | 1 | ||
Chorzów | 33 | 114,434 | 1 | ||
Jaworzno | 152 | 96,051 | 1 | ||
Jastrzębie-Zdrój | 85 | 95,149 | 1 | ||
Mysłowice | 66 | 74,988 | 1 | ||
Siemianowice Śląskie | 25 | 72,451 | 1 | ||
Żory | 65 | 62,625 | 1 | ||
Piekary Śląskie | 40 | 59,494 | 1 | ||
Świętochłowice | 13 | 55,172 | 1 | ||
Distritos rurais | |||||
Powiat Cieszyński | 730 | 171,029 | Cieszyn | Ustroń, Skoczów, Wisła, Strumień | 12 |
Powiat Wodzisławski | 287 | 155,228 | Wodzisław Śląski | Rydułtowy, Radlin, Pszów | 9 |
Powiat Będziński | 368 | 151,122 | Będzin | Czeladź, Wojkowice, Sławków, Siewierz | 8 |
Powiat Bielski | 457 | 150,764 | Bielsko-Biała * | Czechowice-Dziedzice, Szczyrk, Wilamowice | 10 |
Powiat Żywiecki | 1,040 | 149,492 | Żywiec | 15 | |
Powiat Tarnogórski | 643 | 137,979 | Tarnowskie Góry | Radzionków, Kalety, Miasteczko Śląskie | 9 |
Powiat Częstochowski | 1,519 | 133,553 | Częstochowa * | Blachownia, Koniecpol | 16 |
Powiat Zawierciański | 1,003 | 124,127 | Zawiercie | Poręba, Łazy, Ogrodzieniec, Szczekociny, Pilica | 10 |
Powiat Gliwicki | 663 | 114,963 | Gliwice * | Knurów, Pyskowice, Toszek, Sośnicowice | 8 |
Powiat Raciborski | 544 | 111,505 | Racibórz | Kuźnia Raciborska, Krzanowice | 8 |
Powiat Pszczyński | 473 | 104,638 | Pszczyna | 6 | |
Powiat Mikołowski | 232 | 91,022 | Mikołów | Łaziska Górne, Orzesze | 5 |
Powiat Kłobucki | 889 | 84,730 | Kłobuck | Krzepice | 9 |
Powiat Lubliniecki | 822 | 76,628 | Lubliniec | Woźniki | 8 |
Powiat Rybnicki | 225 | 73,527 | Rybnik * | Czerwionka-Leszczyny | 5 |
Powiat Myszkowski | 479 | 71,619 | Myszków | Żarki, Koziegłowy | 5 |
Powiat Bieruńsko-lędziński | 157 | 55,868 | Bieruń | Lędziny, Imielin | 5 |
* A cidade que lle dá nome non pertence ao distrito, xa que logo constitúe un "powiat" urbano. | |||||
Silesia é unha rexión eminentemente industrial, destacando a minería: carbón, chumbo, cinc, ferro e mineráis industriais explótanse na zona. Asociadas a estas explotacións xurdiron empresas metalúrxicas (a maior da Polonia "Huta Katowice" está en Dąbrowa Górnicza), enerxéticas, químicas e de materias de construción, e posteriormente, tamén outras de automoción e téxtil. Hoxe destacan polo seu tamaño dúas compañías de sutomoción: Fiat Auto-Poland S.A. en Bielsko-Biała e a GM Opel de Gliwice.
A industrialización da Silesia, unida á chegada de empresas do exterior, fan da rexión unha das máis ricas da Polonia, cun salaro medio de 3.800 złotychs/mes.
Hai na rexión un aeroporto internacional Katowice International Airport (en Tarnowskie Góry). A rede de estradas de ferro é a máis espesa do país. Existe tamén unha autoestrada (Autostrada A4) que comunica Katowice con Wrocław, Łódź e Cracovia e que é parte da rota europea E40 (Calais - Dresden - Cracovia - Kíiv - Astrakán. A rota E75 (Escandinavia - Grecia) tamén cruza a rexión, mais non coma autoestrada.
A Linia Hutnicza Szerokotorowa (LHS, ou liña metalúrxica bitola larga) é unha liña ferroviaria de ancho 1 520 mm (bitola soviética), que une Polonia e Ucraína. Ten 400 km, partindo de Sławków (na Silesia) até Hrubieszów (na fronteira).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.