Betty White
actriz estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Betty Marion White Ludden, nada en Oak Park (Illinois) o 17 de xaneiro de 1922[1] e finada o 31 de decembro de 2021,[2] foi unha actriz e cómica estadounidense,[3][4] coa carreira televisiva máis longa do mundo do espectáculo.[5][6][7] Considerada unha pioneira da televisión, foi unha das primeiras mulleres en ter control diante e detrás das cámaras[8] e está recoñecida como a primeira muller que produciu unha telecomedia (Life with Elizabeth),[9] o que contribuíu a que recibise o título honorífico de Alcaldesa de Hollywood en 1955.[10]
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Betty Marion White 17 de xaneiro de 1922 Oak Park, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 31 de decembro de 2021 (99 anos) Brentwood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Ictus |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igreja da Unidade (pt) |
Educación | High School de Beverly Hills (pt) |
Altura | 1,63 m |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Cabelo cinza (pt) |
Actividade | |
Ocupación | humorista , modelo , presentadora de televisión , actriz de cinema , actriz de teatro , actriz de dobraxe , autora , produtora de televisión , personalidade televisiva , cantante , presentador de concursos |
Período de actividade | 1939 - 2021 |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Allen Ludden (1963–1981), morte do cónxuxe Lane Allan (1947–1949), divorcio |
Premios
| |
|
Durante a súa carreira de case 80 anos, recibiu oito premios Emmy en diferentes categorías, tres American Comedy Awards, tres Screen Actors Guild Awards e un Grammy.[11] Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, foi incluída no Television Hall of Fame en 1995 e recibiu o título de Disney Legend en 2009.