político portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Bernardino Luís Machado Guimarães, nado no Río de Xaneiro o 28 de marzo de 1851 e finado en Famalicão o 29 de abril de 1944,[1] foi o terceiro e o oitavo presidente electo da República Portuguesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1851 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 29 de abril de 1944 (93 anos) Porto, Portugal |
8º Presidente de Portugal | |
11 de decembro de 1925 – 31 de maio de 1926 ← Manuel Teixeira Gomes – José Mendes Cabeçadas (pt) → | |
Primeiro ministro de Portugal | |
2 de marzo de 1921 – 23 de maio de 1921 ← Liberato Pinto (pt) – Tomé de Barros Queirós (pt) → | |
3º Presidente de Portugal | |
5 de outubro de 1915 – 5 de decembro de 1917 ← Teófilo Braga – Sidónio Pais → | |
Ministro de Relacións Exteriores | |
9 de febreiro de 1914 – 23 de maio de 1914 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lisboa |
Ocupación | político |
Empregador | Universidade de Coímbra |
Partido político | Partido Republicano Português (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Elzira Dantas Machado (1882–1942) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) |
Estudou Filosofía e Matemática, respectivamente na Facultade de Letras e na Facultade de Ciencias da Universidade de Coímbra, onde foi tamén Profesor. Tivo un importante percorrido como dirixente da Masonaría (na Loja Perseverança do Grande Oriente Lusitano). De 1892 a 1895 foi o 7.º Presidente do Consello da Orde do Grande Oriente Lusitano, de 1895 a 1899 foi o 18.º Soberano Grande Comendador do Supremo Consello afecto ao Grande Oriente Lusitano e 7.º Gran-Mestre do Grande Oriente Lusitano Unido e de 1929 até á súa morte en 1944 foi o 23.º Soberano Grande Comendador do Supremo Consello afecto ao Grande Oriente Lusitano.[2]
Foi presidente da República Portuguesa por dúas veces. Primeiro, do 6 de agosto de 1915 até o 5 de decembro de 1917, cando Sidónio Pais, á cabeza dunha xunta militar, disolveu o Congreso e o destituíu, obrigándoo a abandonar o país.
Máis tarde, en 1925, volveu á presidencia da República para, un ano despois, volver a ser destituído pola revolución militar de 28 de maio de 1926, que instituirá a Ditadura Militar e abrirá camiño á instauración do Estado Novo.
Bernardino Machado era fillo de António Luís Machado Guimarães, primeiro e único Barón de Joane, e da súa segunda muller, Praxedes de Sousa Guimarães, falecida en Vila do Conde en 1901.
Recibiu no bautismo o nome propio do avó materno, Bernardino de Sousa Guimarães, capitalista estabelecido en terras brasileiras.
Pasou a infancia no Brasil até aos nove anos, cando a familia se estabeleceu en Joane, concello de Famalicão. En 1866 inscribiuse na Universidade de Coímbra, en Matemática, optando despois por Filosofía. Foi un brillante alumno, téndose doutorado en Coímbra, onde foi profesor.
En 1872 atinxiu a maioridade e optou pola nacionalidade portuguesa.
Casou no Porto en xaneiro de 1882 con Elzira Dantas Gonçalves Pereira (Río de Xaneiro, 15 de decembro de 1865 - 21 de abril de 1942), tamén nacida no Brasil, filla do conselleiro Miguel Dantas Gonçalves Pereira e da súa muller Bernardina Maria da Silva, de quen tivo 18 fillos.
De entre os seus descendentes, destácanse o escritor e alcalde Aquilino Ribeiro Machado (1930-2012), primeiro alcalde de Lisboa democraticamente elixido tras a Revolución dos caraveis e o investigador, profesor e médico Júlio Machado de Sousa Vaz (1909-1999).
Durante a monarquía, Bernardino Machado foi deputado polo Partido Rexenerador (1882), Par do Reino (1890), e ministro das Obras Públicas, Comercio e Industria (1893).
Adheriuse ao Partido Republicano Portugués en 1903.
O 5 de outubro de 1910 ten coñecemento en Alenquer da Proclamación da I República portuguesa, onde volvería un ano despois para dar inicio á tradición da Cea do 5 de outubro en Alenquer.
Co advento da República foi o primeiro Ministro dos Negocios Estranxeiros da República, desde o 5 de outubro de 1910 até o 3 de setembro de 1911, e o primeiro Embaixador de Portugal no Brasil (1913).
Foi dúas veces presidente do Ministerio, desde o 9 de febreiro até o 12 de decembro de 1914, e desde o 2 de marzo até o 23 de maio de 1921.
Foi Cabaleiro da Orde de Carlos III de España en 1917 e Gran Cruz da Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, o 6 de outubro de 1917.[3]
O 30 de xuño de 1980 foi agraciado a título póstumo coa Gran Cruz da Orde da Liberdade.
Alén do seu percorrido político son coñecidas colaboracións súas nos periódicos A republica portugueza: diario republicano radical da manhan (1910-1911)[4], O Xuão: semanario de caricaturas (1908-1910)[5] e a Galeria republicana (1882-1883).[6]
Bernardino Machado foi elixido polo Congreso o 6 de agosto de 1915. Na primeira votación votaron 189 congresistas. Nos tres escrutinios realizados, os votos ficaron así distribuídos:
Bernardino Machado foi elixido polo Congreso o 11 de decembro de 1925. Nos dous escrutinios realizados, os votos ficaron así distribuídos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.