![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/B%25C3%25A9ji_Ca%25C3%25AFd_Essebsi_2015-05-20.jpg/640px-B%25C3%25A9ji_Ca%25C3%25AFd_Essebsi_2015-05-20.jpg&w=640&q=50)
Beji Caid el Sebsi
político tunesino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Beji Caid el Sebsi, nado en Sidi Bou Said, Tunisia, o 29 de novembro de 1926 e finado en Tunes o 25 de xullo de 2019, foi un político e avogado tunisiano, que foi presidente de Tunisia de 2014 ata a súa morte en 2019.[1]
Ocupou o posto de primeiro ministro desde o 27 de febreiro de 2011, trala dimisión de Mohamed Ghannouchi como consecuencia dunha forte presión popular, no contexto da revolución que expulsou do poder ao presidente Zine el-Abidine Ben Ali. Foi sucedido o 24 de decembro de 2011 por Hamadi Jebali, logo de celebrarse eleccións.
Máis tarde fundou o partido Nidaa Tounes, co que se presentou ás eleccións presidenciais de 2014, resultando vencedor en segunda volta.
Foi decano do Colexio de Avogados da Tunisia[2] e ministro das relacións exteriores durante o goberno de Habib Bourguiba.