![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/55/Beagle_600.jpg/640px-Beagle_600.jpg&w=640&q=50)
Beagle
raza de can / From Wikipedia, the free encyclopedia
O beagle é unha raza de can de caza orixinaria do Reino Unido coas patas musculosas, orellas longas e pelaxe sueva e curto. O nome da raza ten dúas posibles orixes. Por unha banda é considerada unha derivación da palabra celta beag que significa "pequenos", mentres que por outra banda se di que provén da palabra francesa begueule que significa "abrir boca", quizais, en referencia ó balbordo que produce en grupo. Son cans de caza creados para perseguiren as presa no campo, o que os converte en animais enerxéticos, independentes, extravertidos e teimosos. Malia que os cans tipo beagle existen dende hai máis de 2 500 anos, a raza moderna foi desenvolvida na década de 1830 a partir de varias razas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/55/Beagle_600.jpg/320px-Beagle_600.jpg)
Son beagles notables o can Snoopy, protagonista da serie de banda deseñada Peanuts de Schultz, considerado o beagle máis famoso do mundo,[1] e Gromit (animación stop motion).