FC Bayern München
club deportivo bávaro con sede na cidade de Múnic / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fußball-Club Bayern München e. V. (comunmente en galego: Bayern de Múnic) é un club deportivo bávaro con sede na cidade de Múnic (Alemaña). É principalmente coñecido pola súa sección de fútbol profesional, a cal fai que o Bayern sexa o club de fútbol con máis éxito de Alemaña e un dos máis importantes de Europa. Xoga dende 1965 na 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol alemán.
Bayern München | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Fußball-Club Bayern München | |||
Alcume(s) | Der FCB Die Bayern | |||
Fundación | 27 de febreiro de 1900 (124 anos) | |||
Estadio | Allianz Arena, Múnic, Alemaña | |||
Inauguración | 30 de maio de 2005 | |||
Capacidade | 75.000 | |||
Presidente | Karl-Heinz Rummenigge | |||
Adestrador | Hans-Dieter Flick | |||
Liga | 1. Bundesliga | |||
2021/22 | 1º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Telekom | |||
Na rede | ||||
http://www.fcbayern.de/ | ||||
| ||||
O club foi fundado o 27 de febreiro de 1900 por once xogadores de fútbol dirixidos por Franz John. Aínda que o Bayern gañou o seu primeiro campionato nacional en 1932, o club non foi seleccionado para a primeira edición da Bundesliga en 1963, e non foi até 1965, a terceira edición, cando apareceu, rematando finalmente en terceiro lugar. O club tivo a súa época de maior éxito a mediados da década de 1970, cando baixo a dirección de Franz Beckenbauer, gañaron a Copa de Europa tres veces consecutivas (1974-76). A comezos da década de 2010, o Bayern chegou tres veces en catro anos á final da Liga de Campións da UEFA, conseguindo o título na edición de 2013 ante o Borussia Dortmund, o que supuxo o seu quinto trofeo continental. Na tempada 2019/20 o club gañou a súa sexta Liga de Campións, a súa trixésima Bundesliga (a oitava consecutiva) e a súa vixésima Copa de Alemaña.
Dende o comezo da tempada 2005-06 o Bayern xoga os seus partidos como local no Allianz Arena, con capacidade para 69.901 espectadores. Anteriormente, o equipo xogou durante trinta e tres anos no Estadio Olímpico de Múnic. As cores do equipo son o vermello e o branco, e o seu escudo mostra as cores de Baviera. O Bayern é un club de socios con 162.187 membros. Tamén hai rexistrados 2.764 clubs oficiais de seguidores cun total de 192.160 membros. O club conta con outros departamentos, como xadrez, balonmán, baloncesto, ximnasia, birlos, tenis de mesa, arbitraxe e fútbol veterano, con máis de 1.100 membros activos.