![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d7/La_Rendici%25C3%25B3n_de_Bail%25C3%25A9n_%2528Casado_del_Alisal%2529.jpg/640px-La_Rendici%25C3%25B3n_de_Bail%25C3%25A9n_%2528Casado_del_Alisal%2529.jpg&w=640&q=50)
Batalla de Bailén
batalla durante a Guerra de Independencia Española / From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Bailén é unha batalla librada en Bailén (provincia de Xaén) polo exército español contra as exército napoleónico coñecido coma a "Grande Armée". Produciuse o 19 de xullo de 1808 dentro do contexto da denominada guerra da Independencia española e, nela, as tropas francesas de Dupont foron derrotadas polas españolas do xeneral Castaños na que sería a primeira derrota militar do exército napoleónico.
Batalla de Bailén | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra da Independencia española | |||||||||
![]() A Rendición de Bailén. José Casado del Alisal. Museo do Prado | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
![]() |
![]() | ||||||||
Líderes | |||||||||
![]() |
![]() | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
24 000 regulares 20 canóns (10 pezas de 8 polgadas e 14 de 4 polgadas) |
31 000 entre regulares e milicianos 16 canóns (4 pezas de 12 polgadas e 12 de 8 polgadas) | ||||||||
Baixas | |||||||||
2200 mortos 400 feridos 17 600 prisioneiros |
243 mortos 735 feridos |
Trátase dunha batalla que para algúns autores raia o épico, ao estaren as tropas españolas moito peor equipadas e organizadas que as francesas e ser tamén a primeira grande vitoria de guerra da independencia, que fixo que até Xosé I fuxise de Madrid e converteuse nun símbolo[1]. Porén, hai outros autores que opinan que apenas foi unha pequena eiva non proceso de invasión da península por Napoleón e que non impediu a vitoria inicial.[2]
Nesta batalla, tivo unha importante participación quen posteriormente sería o libertador da Arxentina, Chile e o Perú: o xeneral San Martín. Pola súa actuación conseguiu o ascenso a tenente coronel de cabalaría e recibiu a Medalla de ouro de Bailén.[3]