Bastarden
filme de 2023 dirixido por Nikolaj Arcel / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bastarden é un filme dinamarqués de 2023 dirixido por Nikolaj Arcel e escrito por Arcel e Anders Thomas Jensen.[3] Está protagonizado por Mads Mikkelsen, Amanda Collin e Simon Bennebjerg, xunto con Kristine Kujath Thorp, Gustav Lindh, Jakob Lohmann, Morten Hee Andersen, Magnus Krepper e Felix Kramer nos papeis secundarios.[4] O filme baséase no libro de 2020 The Captain and Ann Barbara de Ida Jessen,[5] e é unha coprodución entre Dinamarca, Suecia e Alemaña.[6]
Bastarden | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bastarden |
Director | Nikolaj Arcel |
Produtor | Louise Vesth |
Guión |
|
Baseado en | The Captain and Ann Barbara de Ida Jessen |
Intérpretes |
|
Música | Dan Romer |
Fotografía | Rasmus Videbæk |
Montaxe | Olivier Bugge Coutté |
Estudio |
|
Distribuidora | Nordisk Film Distribution (Dinamarca) |
Estrea | Venecia: 31 de agosto de 2023 |
Duración | 127 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama histórico e épico |
Orzamento | 8 millóns de euros[2] |
Recadación | 956.198 dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse o 31 de agosto de 2023 no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde competiu polo León de Ouro.[7] Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios,[8] chegando a clasificarse na lista curta de decembro.[9]