From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira nacional de Ruanda foi adoptada o 25 de outubro do 2001. Trátase dunha bandeira dividida en tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarela (a situada no centro) e verde (a inferior). Na bandeira hai dúas tonalidades diferentes de amarelo: o denominado amarelo estándar para a franxa central e o denominado amarelo sol polo sistema Pantone para o sol da esquina superior dereita.[1] A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis afastado do mastro aparece representado o sol dentro da franja azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia.[2] A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.[1].
A bandeira foi deseñada por Alphonse Kirimobenecyo.
O significado das cores da bandeira é o seguinte:
O vermello está ausente na bandeira, mais non da simboloxía oficial. Trátase amais do único país que presenta unha simboloxía para unha cor non presente. O vermello simboliza pois os masacres pasados e o sangue que foi derramado neles. A súa ausencia da bandeira simboliza a ruptura co espírito do xenocidio.
A antiga bandeira de Ruanda, creada oficialmente o 25 de setembro de 1961 e confirmada no momento da plena independencia o 1 de xullo de 1962, estaba composta, como a bandeira de Guinea, por tres franxas verticais do mesmo tamaño e lucía as cores panafricanas: vermello (a máis próxima ao mastro), amarelo (a central) e verde). Na franxa central da bandeira ruandesa figuraba, dende 1962, a inicial do nome do país "R" en cor negra para diferenciala da guineana.
A nova bandeira foi adoptada no 2001 en contestación ao período de transición que coñeceu o país ao saír do xenocidio. Estaba en efecto demasiado vinculado aos acontecementos que ensanguentaran o país. A supresión do vermello, substituído por azul dunha banda máis ancha que as dúas outros, así como o engadido dun sol, representa así a vontade reivindicada de cortar co período precedente e de volverse cara ao futuro. Esta bandeira trocouse, como parte da renovación nacional emprendida tralo xenocidio de Ruanda.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.