![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Flag_of_Minnesota.svg/langgl-640px-Flag_of_Minnesota.svg.png&w=640&q=50)
Bandeira de Minnesota
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Minnesota é a bandeira estatal do estado dos Estados Unidos de Minnesota. A nova versión da bandeira, foi adoptada oficialmente o 11 de maio de 2024, logo de que a orixinal recibise cada vez máis críticas. Por unha banda había unha crítica á súa ilexibilidade,[1] e por outra banda amosaba unha visión negacionista do asentamento de colonos europeos que agochaba o violencia cometida contra os pobos indíxenas.[2][3] En 2023, a Lexislatura de Minnesota creou unha comisión para redeseñar a bandeira e o selo de Minnesota.[4] O 19 de decembro de 2023, a comisión seleccionou un deseño que substituíu a bandeira dende o 11 de maio de 2024.
Bandeira de Minnesota | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1893 (1º deseño) 2 de agosto de 1983 (1º deseño modificado) 11 de maio de 2024 (2º deseño) |
Cores | Azul Turquesa |
O deseño orixinal da bandeira presentaba unha versión modificada do selo de Minnesota estampada nun campo azul[5] e foi adoptada en 1893, xusto antes da participación do estado unha exposición na feira Mundial de Chicago de 1893. Esa versión foi significativamente revisada en 1957 e recibiu unha actualización menor en 1983.[6]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Flag_of_Minnesota_%281983%E2%80%932024%29.svg/320px-Flag_of_Minnesota_%281983%E2%80%932024%29.svg.png)