color azul verde, similar ó da xema homónima From Wikipedia, the free encyclopedia
O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xema homónima.[1]
Esta cor está comprendida nos acervos iconolingüísticos tradicionais das culturas asiática, europea, norteamericana e mesoamericana.[1]
O turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.[1]
Triplete hexadecimal | #40E0D0 |
RGB (r, g, b) | (64, 224, 208) |
CMYK (c, m, y, k) | (71, 0, 7, 12) |
HSV (h, s, v) | (174°, 71 %, 88 %) |
HTML | #3CB3B6 | #26AFA6 |
CMYK | (60, 0, 27, 0) | (65, 0, 36, 0) |
RGB | (60, 179, 182) | (38, 175, 166) |
HSV | (181°, 67 %, 71 %) | (176°, 78 %, 69 %) |
Referencia | [1] | [1] |
A turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e Centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.[2]
Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.[3]
A cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950.
O turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de cor azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada.[1] Unha mostra aproximada desta cor:
A similitude deste turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.
HTML | #00969F |
CMYK | (80, 10, 35, 0) |
RGB | (0, 150, 159) |
HSV | (183°, 100 %, 62 %) |
Referencia | [1] |
As cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen catro tonalidades chamadas turquoise (turquesa):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.