From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Mauritania é a bandeira oficial do país. A bandeira orixinal foi adoptada o 1 de abril de 1959[1] baixo o mando de Moktar Ould Daddah.[2] Consiste nun fondo de cor verde no que figuran unha lúa crecente de cor amarela situada baixo unha estrela de cinco puntas da mesma cor. O 5 de agosto de 2017 realizouse un referendo por parte do presidente Mohamed Ould Abdel Aziz para cambiar a bandeira nacional, abolir o senado e outras emendas constitucionais. O referendo tivo éxito e os cambios na bandeira, engadindo dúas faixas vermellas, foron adoptados o día seguinte.
As cores verde e amarela están asociadas co panafricanismo. O verde tamén é un símbolo do islam e o amarelo do deserto do Sáhara. A lúa crecente e a estrela son considerados símbolos no islam, a relixión maioritaria de Mauritania.
O referendo do 5 de agosto de 2017 formulado polo presidente Mohamed Ould Abdel Aziz incluía entre outras emendas constitucionais unha modificación da bandeira nacional. Engadiríanse dúas faixas vermellas, unha na parte superior e outra na inferior, para simbolizar a perda de sangue no país na procura da súa independencia de Francia.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.