From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Hungría (en húngaro: Magyarország zászlaja) está dividida en tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella, branco e verde. Nalgúns casos na bandeira tamén aparece o Escudo de Hungría.
A partir do rei Santo Estevo (1001-1038) aparecen representacións dos monarcas húngaros portando emblemas coa cruz patriarcal e as franxas vermellas e brancas que forman o escudo de Hungría. Documéntase por vez primeira o uso das actuais cores nacionais da bandeira nun cordón de selo durante o reinado de Matías, en 1618.
Durante a Revolución e Guerra de Independencia húngara de 1848-1849 en contra do Imperio dos Habsburgo, declarouse á bandeira vermella-branca-verde como símbolo nacional de Hungría. A bandeira tricolor da Revolución Francesa tivo unha grande influencia sobre o deseño da bandeira húngara.
Na bandeira figurou o Escudo de Hungría coa coroa de Santo Estevo ata 1949, ano no que foi substituído polo escudo da República Popular. O escudo tradicional foi recuperado en 1990, pero dende entón existe certa indefinición legal sobre a inclusión ou ausencia do mesmo na bandeira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.