![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Lipid_raft_organisation_scheme.svg/langgl-640px-Lipid_raft_organisation_scheme.svg.png&w=640&q=50)
Balsa lipídica
área da membrana plasmática da célula / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha balsa lipídica é unha pequena área ou microdominio da membrana plasmática da célula de natureza glicolipoproteica na que se combinan glicoesfingolípidos e receptores proteicos de membrana.[1][2][3] Estes microdominios especializados de membrana compartimentalizan os procesos celulares ao serviren como centros organizadores para a ensamblaxe de moléculas de sinalización, influíren na fluidez da membrana e no tráfico de proteínas de membrana, e na regulación da neurotransmisión e o tráfico de receptores.[3][4] As balsas lipídicas están máis ordenadas e os seus compoñentes máis fortemente unidos entre si que a bicapa que os rodea, pero flotan libremente na bicapa da membrana.[5] Aínda que son máis comúns na membrana plasmática, as balsas lipídicas tamén se atoparon en membranas doutras partes da célula, como nas do aparato de Golgi e lisosomas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Lipid_raft_organisation_scheme.svg/640px-Lipid_raft_organisation_scheme.svg.png)