videoxogo de fantasía From Wikipedia, the free encyclopedia
Baldur's Gate é un videoxogo ambientado no universo de fantasía Reinos Esquecidos de TSR e baseado no xogo de rol Advanced Dungeons & Dragons. Foi desenvolvido pola empresa BioWare.
Baldur's Gate | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | BioWare |
Distribuidora(s) | Interplay Entertainment |
Deseñador(es) | James Ohlen |
Compositor(es) | Michael Hoenig |
Lanzamento | 21 de decembro de 1998 |
Xénero | videoxogo de rol |
Modos de xogo | videoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows e Mac OS Classic |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20070702201631/http://www.bioware.com/games/baldurs_gate/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Baldur's Gate caracterízanse pola amplitude da súa historia e a cantidade de aventuras secundarias presentes. O xogador crea un personaxe ao que se lle unen outros que o xogador controla igualmente, ata completar un equipo de seis aventureiros. As regras axústanse a unha edición lixeiramente modificada das regras da segunda edición de AD&D, e permiten o uso de todas as razas e clases dispoñibles, así como un centenar de feitizos máxicos.
O xogador métese no papel dun orfo criado na vila de Candeleiro (Candelkeep) xunto coa súa amiga Imoen polo sabio meigo Gorion. Cousas estrañas empezan a ocorrer na rexión, coñecida como Costa da Espada (Sword Coast): detense a produción de ferro, as mercancías xa manufacturadas desfanse, e aínda dentro dos muros de Candeleiro hai mercenarios á caza do xogador. Gorion ordena recoller algún equipamento básico e marchar a un lugar seguro, pero na metade da viaxe o xogador e o vello meigo son emboscados. A loita termina coa morte de Gorion e empeza o xogo. Coñecer xente coa que se interactúa axudará o xogador a seguir adiante. Tendo máis compañeiros, debe descubrir o segredo da escaseza de ferro.
A saga de Baldur's Gate componse do propio Baldur's Gate, a súa expansión Baldur's Gate:Tales of the Sword Coast, a súa segunda parte Baldur's Gate 2 e a súa expansión Baldur's Gate 2:Throne of Bhaal.
En 1999 Baldur's Gate gañou o Premio Origins por Mellor Xogo de Rol de Ordenador de 1998, e en 2000 Baldur's Gate: Tales of the Sword Coast gañou o premio de 1999.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.