Balcáns

From Wikipedia, the free encyclopedia

Balcánsmap

Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografía de abrupta. De feito, a rexión toma o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Modelo:Xeografía físicaBalcáns
Thumb
Tipopenínsula
rexión cultural
rexión histórica
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
EpónimoCordilleira dos Balcáns Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 42°N 22°L
Bañado porMar Mediterráneo, mar Adriático, Mar Xónico, Mar Exeo e Mar Negro Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis altoMusala Editar o valor en Wikidata  (2.925,4 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie470.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453055
Pechar

Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.

O sueste de Europa

A causa das connotacións negativas do termo "Balcáns" (debido ás guerras dos Balcáns do século XX), frecuentemente úsase o termo Sueste de Europa. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da Unión Europea do ano 1999 denominada Pacto de estabilidade para o Sueste de Europa, e o diario electrónico Balkan Times cambiou o ano 2003 o seu nome polo de Southeast European Times.

O uso deste termo para designar a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de Romanía e Ucraína, que tamén están situades no sueste do continente europeo.

Fronteiras

A fronteira norte da península Balcánica xeralmente se considera que está definida pola liña formada polos ríos Danubio, Sava e Kupa.

Os mares Adriático, Xónico, Exeo e Negro limítana polo oeste, suroeste, sueste e leste, respectivamente.

Historia

Os países que compoñen a rexión comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo do Imperio bizantino, despois do Imperio Otomán e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia como país, na derradeira década do século XX.

A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión de Internet en enclaves separados,[1].

Composición política actual

Thumb
Mapa político dos Balcáns no 2004 (non aparecen delimitados nin Kosovo nin Montenegro).

Os países que se asocian coa zona dos Balcáns xeralmente son os seguintes:

Albania
Bosnia e Hercegovina
Bulgaria
Grecia
Macedonia do Norte
Montenegro
Serbia
Turquía (só a Turquía europea, tradicionalmente denominadanada Rumelia ou Tracia Oriental)

Ademais, frecuentemente inclúense tamén na lista:

Romanía e
Eslovenia

Algunhas rexións dos países incluídos nesta lista como estados balcánicos poden ser, nalgúns aspectos, moi diferentes á rexión balcánica en xeral e, xa que logo, frecuentemente algúns países da periferia desta gran rexión prefiren que non se lles chame países balcánicos. É o caso de Romanía e Eslovenia, pero tamén, ás veces, de Croacia e Grecia.

Thumb
Os Balcáns en verde, no 2008.

Actualmente forman parte dos Balcáns os seguintes países:

Países relacionados

Outros países non incluídos na rexión balcánica, pero que teñen ou tiveron un papel importante na súa cultura, historia e na súa situación xeopolítica, son os seguintes:

Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Dalmacia, Zadar e Estado libre de Fiume.
Véxase tamén: Historia de Serbia.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.