Baclava
doce de masa filo e noces / From Wikipedia, the free encyclopedia
A baclava (baklava) é un doce típico de Oriente Próximo, elaborado con varias camadas superpostas de masa filo que se reenchen cunha pasta de froitos secos esmagados, especialmente anacardios, pistachos, abelás, améndoas e sementes de sésamo, papoula ou outros grans, e bañado en mel ou xarope[1]. Atópase con diferentes nomes, na gastronomía do Medio Oriente, do subcontinente indiano e dos Balcáns. Sérvese xeralmente como sobremesa nos países que formaron parte do antigo Imperio Otomán, sendo un dos pratos nacionais de Turquía.[2] É común degustalo cun té.
A historia da baclava non está ben documentada, sendo a súa invención reivindicada por varios grupos étnicos. Mais hai fortes evidencias de que teña unha orixe turca de Asia Central, e que a súa forma actual fose desenvolvida nas cociñas imperiais do Palacio de Topkapi.[3]