Bóveda, Bóveda
parroquia civil do concello de Bóveda / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Bóveda é unha parroquia do concello de Bóveda, formada por un único lugar co mesmo nome. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 352 habitantes (181 homes e 171 mulleres), concentrados na única entidade do mesmo nome, Bóveda, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bóveda (homónimos).
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Bóveda | |
---|---|
Casa do concello. | |
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°37′23″N 7°29′07″O |
Poboación | 394 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Limita coas parroquias de Teilán, Rubián e Tuimil ao norte, Ver ao sur, Guntín ao leste, e Martín ao oeste.
Este lugar é onde se atopa a capital do concello.[2]