![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Erythritol_structure.png/640px-Erythritol_structure.png&w=640&q=50)
Azucre-alcohol
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os azucres-alcohois[1] (ou azucres-alcois[2]), azucres alcohólicos, glicitois ou alditois son un tipo de poliois que constitúen unha clase de edulcorantes que comparten a característica química de exhibir o grupo funcional alcohol, -OH, repetidamente en todos os carbonos, e que derivan ou se preparan a partir de azucres. A súa fórmula xeral é HOCH2(CHOH)nCH2OH. A diferenza dos azucres, que adoitan ser aneis, os azucres-alcohois non, aínda que poden ser deshidratdos dando lugar a éteres cíclicos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Erythritol_structure.png/640px-Erythritol_structure.png)
Encóntranse en alimentos de maneira natural e obtéñense industrialmente por hidroxenación do amidón ou da sacarosa de maneira que os grupos aldehido ou cetona se reducen a grupo alcohol quedando soamente grupos alcohol na molécula (poliois).