Aviñón
cidade do sueste de Francia From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade do sueste de Francia From Wikipedia, the free encyclopedia
Aviñón[1][2][3][4] (en francés: Avignon, en occitano: Avinhon ou Avignoun) é unha cidade do sueste de Francia, situada no departamento de Vaucluse, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. En 2006 tiña unha poboación de 94.787 habitantes.
Avignon (fr) Avinhon (oc) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Provenza-Alpes-Costa Azul | ||||
Departamento | Vaucluse | ||||
Distritos | arrondissement d'Avignon (pt) | ||||
Capital de | Vaucluse Canton of Avignon-Sud (en) Canton of Avignon-Est (en) Canton of Avignon-Nord (en) Canton of Avignon-Ouest (en) arrondissement d'Avignon (pt) canton of Avignon-2 (en) (2015–) canton of Avignon-3 (en) (2015–) canton of Avignon-1 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 90.330 (2021) (1.391,62 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921179 Q3550926 | ||||
Superficie | 64,91 km² | ||||
Bañado por | Río Ródano e Rio Durance (pt) | ||||
Altitude | 10 m-122 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Cécile Helle (pt) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 84000 e 84140 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 49 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Orvieto (pt) Ceccano (pt) Alcañiz Rexión de Diourbel Wetzlar (1960–) Siena (1961–) Diourbel (en) (1961–) Tortosa (1967–) Tarragona (1968–) Colchester (pt) (1972–) New Haven (1978–) Ioannina (1984–) Guanajuato (1990–) | ||||
Páxina web | avignon.fr | ||||
Aviñón foi residencia dos papas entre 1309 e 1377, cando a cidade se atopaba baixo o goberno dos reis de Sicilia pertencentes á Casa de Anjou. En 1348, o papa Clemente VI comproulle unha residencia á raíña Xoana I de Sicilia. Ese período, no que residiron na cidade os papas Clemente V, Xoán XXII, Bieito XII, Clemente VI, Inocencio VI, Urbano V e Gregorio XI, é coñecido como Papado de Aviñón. Despois dese período, en 1378, produciuse o Gran Cisma de Occidente que non se resolveu ata 1417.
Os antipapas Clemente VII e Bieito XIII continuaron residindo na cidade aínda despois de que os papas regresasen a Roma en 1377. Clemente VII permaneceu en Aviñón durante todo o seu pontificado (1378-1394) mentres que Bieito XIII viviu en Aviñón ata que fuxiu cara a Aragón, fixando a súa residencia finalmente en Peníscola, onde morreu aos 96 anos en 1423.
Aviñón fora sede episcopal desde o ano 70, e converteuse en arcebispado en 1476. Nel celebráronse varios sínodos de menor importancia. O papa Bonifacio VIII fundou a Universidade de Aviñón en 1303, e debido á súa reputación polos seus estudos en leis, tivo grande importancia ata a Revolución francesa.
Está situada na marxe esquerda do río Ródano, no sueste do país. Está preto da costa, a 80 km ao noroeste de Marsella e a 650 km de París. O seu clima é mediterráneo, con invernos frescos e veráns cálidos.
Aviñón é unha vila de rico patrimonio protexido e o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995. Entre os seus lugares de interese destacan:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.