avogado, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Aureliano Linares Rivas, nado en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 1841 e finado en Madrid o 31 de marzo de 1903[1], foi un avogado, xornalista e político galego. Foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII e de Fomento durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1841 Santiago de Compostela, España |
Morte | 31 de marzo de 1903 (61 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
1901 – 1902 | |
Ministro de Fomento de España | |
14 de decembro de 1895 – 4 de outubro de 1897 ← Alberto Bosch y Fustegueras – José Álvarez de Toledo y Acuña (en) → | |
Ministro de Fomento de España | |
23 de novembro de 1891 – 11 de febreiro de 1892 ← Santos de Isasa – Segismundo Moret → | |
Ministro de Graza e Xustiza | |
31 de outubro de 1883 – 18 de xaneiro de 1884 ← Vicente Romero Girón – Francisco Silvela → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , xornalista , avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Manuel Linares Rivas |
Irmáns | Maximiliano Linares Rivas |
Licenciado en 1864 en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa carreira política como deputado pola Coruña nas eleccións de 1872. Coa proclamación da I República afastouse da política e non retornou a ela ata a restauración monárquica. Obtivo novamente un escano pola Coruña nas eleccións de 1876 que repetiu nos sucesivos procesos electorais ata as eleccións de 1899, pasando en 1901 a ser nomeado senador por "Dereito Propio".
Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 31 de outubro de 1883 e o 18 de xaneiro de 1884 no goberno que presidiu José Posada Herrera. Así mesmo foi Ministro de Fomento entre o 23 de novembro de 1891 e o 11 de febreiro de 1892 e entre o 14 de decembro de 1895 e o 4 de outubro de 1897 en senllos gobernos presididos por Antonio Cánovas del Castillo.
Tamén foi presidente do Consello de Estado e autor da obra La primera Cámara de la Restauración. Retratos y semblanzas (1878).
Predecesor: Vicente Romero Girón |
Ministro de Graza e Xustiza 1883 - 1884 |
Sucesor: Francisco Silvela |
Predecesor: Santos Isasa y Valseca Alberto Bosch y Fustegueras |
Ministro de Fomento 1891 - 1892 1895 - 1897 |
Sucesor: Segismundo Moret Prendergast José Álvarez de Toledo y Acuña |
Era irmán do tamén político Maximiliano Linares Rivas. Foi pai de Manuel Linares Rivas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.