August Ferdinand Möbius, nado en Schulpforta (Saxonia) o 17 de novembro de 1790 e finado en Leipzig o 26 de setembro de 1868, foi un matemático e astrónomo teórico alemán, coñecido polo descubrimento xunto ao matemático alemán Johann Benedict Listing da banda de Möbius, superficie de dúas dimensións non orientábeis cun só lado cando está somerxido no espazo euclidiano tridimensional.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
August Ferdinand Möbius |
Biografía |
---|
Nacemento | 17 de novembro de 1790 Schulpforte (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 26 de setembro de 1868 (77 anos) Leipzig (Confederación Xermánica)
|
---|
|
|
Catedrático |
---|
|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Reino de Saxonia |
---|
País de nacionalidade | Reino de Saxonia |
---|
Educación | Universidade de Gotinga (1813–1814) Universidade de Leipzig (1809–1813) Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Pforta (pt) |
---|
Director de tese | Johann Friedrich Pfaff (pt) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Xeometría, teoría de números, matemáticas, mecánica e astronomía |
---|
Lugar de traballo | Leipzig |
---|
Ocupación | matemático , astrónomo , profesor universitario |
---|
Empregador | Universidade de Leipzig (1814–1868) |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua alemá |
---|
Obra |
---|
Doutorando | Wilhelm Fiedler (pt) , Heinrich Richard Baltzer (pt) , Hermann Hankel, Ferdinand Oscar Werner (en) , Otto von Littrow (pt) e Rudolf Sonndorfer (pt) |
---|
Familia |
---|
Fillos | Theodor Möbius (pt) , Paul Möbius (pt) |
---|
Pais | Johann Heinrich Möbius (en) e Johanne Katherine Christiane Keil (en) |
---|
Parentes | Heinrich Louis d'Arrest (pt) (xenro) |
---|
|
|
Pechar
Möbius foi o primeiro en introducir as coordenadas homoxéneas en xeometría proxectiva. A transformación de Möbius, importante en xeometría proxectiva, non se ha confundir coa transformada de Möbius, usada na teoría de números, que tamén leva o seu nome. Interesouse tamén pola teoría de números, a importante función aritmética de Möbius μ(n) e a fórmula de inversión de Möbius, nomeadas así por el. Era descendente de Martiño Lutero.