Atol Bora Bora
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bora Bora é un atol de 30 km² no grupo das Illas de Sotavento na parte occidental das Illas da Sociedade na Polinesia Francesa, unha colectividade de ultramar de Francia no océano Pacífico. A illa, situada a uns 230 km. ao noroeste de Papeete, está rodeada por un lago e unha Barreira de Coral. No centro da illa atópanse os restos dun volcán extinto con dous picos, o monte Pahia e o monte Otemanu, o punto máis alto con 727 m..
Bora Bora | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas da Sociedade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 16°29′40″S 151°44′11″O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Atol |
Superficie | 29´3 km² |
Punto máis alto | 727 m. Mount Otemanu |
Demografía | |
Capital | Vaitape |
Poboación | 8.880[1] (2007) |
Densidade | 300 hab./km² |
Bora Bora é un importante destino turístico internacional, famosa polos seus resorts de luxo. O asentamento máis importante, Vaitape, está no lado occidental da illa principal, fronte á canle principal na lagoa. Os produtos da illa limítase principalmente ao que pode ser obtido do mar e as abundantes árbores de coco, que historicamente tiñan grande importancia económica pola copra. De acordo co censo de 2007, Bora Bora ten unha poboación permanente de 8.880 habitantes.