Ataúro, tamén chamada Pulau Atauro ou Atauro, é unha illa e tamén un subdistrito do distrito de Dili, localizado a aproximadamente 25 km ao norte de Dili, capital de Timor Oriental. Abarca unha área de 105 km² e ten unha poboación aproximada de 8.000 persoas, a capital da illa é a localidade de Vila (ou Maumeta). Atauro significa "Cabra" na lingua local, e tamén é coñecida como Illa Kambing (ou Pulau Kambing) polos indonesios, ("Kambing" significa 'cabra' na lingua Indonesia), o seu nome débese á gran cantidade de cabras que se atopan alí.

Máis información Vista da illa, Datos ...
Ataúro
Vista da illa
Datos
CapitalVila
PaísTimor-Leste
LocalizaciónMar de Banda
ArquipélagoIllas da Sonda
Linguas
Poboación (2004)7.863 hab.
Superficie105 km²
Densidade
Coordenadas8°15′S 125°35′L
Maior Altura995 m. monte Manucoco
Localización
Pechar

Historia

Atauro foi colonizada como o resto de Timor-Leste por Portugal, no século XVI, sendo utilizada como unha illa prisión logo da chegada dos portugueses. Como parte da Colonia de Timor Portugués, a illa de Ataúro foi organizada administrativamente, como parte do municipio de Dili, existe unha proposta para reorganizar os distritos e facer de Ataúro unha área autonóma, pero entre tanto continúa como un subdistrito de Dili. En maio de 2002, logo de décadas de ocupación indonesia, Atauro volveuse parte do estado independente de Timor-Leste.

Cultura

Ataúro é unha illa cunha cultura particular dentro de Timor-Leste posto que os habitantes da parte norte da illa son cristiáns protestantes e (non Católicos como no resto do país), isto débese a que foron evanxelizados por unha misión da igrexa Calvinista Holandesa, aínda que tamén se poden atopar algúns protestantes ao sur da illa.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.