Associaçom Galega da Língua
asociación reintegracionista / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en 1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Hoxe en día estas normas, corrixidas e ampliadas, condénsanse na obra Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo.[1] A AGAL busca e incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional é portugués.
Datos rápidos Tipo, Ideoloxía ...
Associaçom Galega da Lingua | |
---|---|
Tipo | asociación cultural e regulador lingüístico |
Ideoloxía | Reintegracionismo |
Data de fundación | 1981 |
Presidente/a | Jon Amil Mateos (2023-) 12-2015)
Valentim Rodrigues Fagim (2009-2012) Alexandre Banhos (2007-2009) Bernardo Penabade (2001-2007) Maria do Carmo Henríquez Salido (1982-2001) Xavier Alcalá (1981-1982) |
Traballos destacados | Agália, Através Editora e Portal Galego da Língua |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://pgl.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar