Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais
asociación numismática / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (AINP), coñecida tamén polas siglas IAPN (do inglés International Association of Professional Numismatists), é unha organización internacional sen ánimo de lucro fundada en 1951 que agrupa as principais empresas de numismática do mundo. O seu principal obxectivo é o desenvolvemento dun comercio numismático acorde aos estándares máis estritos de ética empresarial e comercial.[1][2]
Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais | |
---|---|
Acrónimo | IAPN e AINP |
Tipo | asociación internacional |
Campo de traballo | numismática |
Área de operación | Internacional |
Data de fundación | 12 de maio de 1951 |
Fundador(es) | Leonard Forrer |
Na rede | |
https://www.iapn-coins.org/ e https://iapn-coins.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na procura do obxectivo de estimular a investigación numismática, a asociación publicou ou colaborou na publicación dun bo número de monografías acerca de temas relacionados.[3]