Ukiyo-e de Utagawa Hiroshige From Wikipedia, the free encyclopedia
As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 Tōkaidō Gojūsan-tsugi?) son unha serie de gravados ukiyo-e creados por Utagawa Hiroshige despois da súa primeira viaxe ó longo de Tōkaidō en 1832.[2] Esta estrada, que conectaba a capital do shōgun (Edo) coa capital imperial (Kyoto) constituía unha das principais arterias do antigo Xapón. Tamén era a máis importante das Cinco Rutas de Edo, as cinco máis importantes estradas do Xapón, creadas e desenvolvidas durante o Período Edo co obxectivo de conceder á administración central do Shogunato un maior control sobre todo o país. Malia que a edición Hōeidō era a máis coñecida, As cincuenta e tres estacións de Tokaido constituía un tema tan popular que iso permitiu a Hiroshige poder crear unha serie de 30 gravados en madeira distinta da orixinal polo seu tamaño (ōban ou chuban), os seus deseños ou mesmo o número de gravados feitos (xa que algunhas series inclúen só unhas poucas impresións).
A Edición Hōeidō da Tōkaidō é a obra mellor coñecida de Hiroshige, e á vez as estampas xaponesas ukiyo-e mellor vendidas. Vén xusto despois da serie Trinta e seis vistas do monte Fuji de Katsushika Hokusai, obra que estabeleceu esta nova temática principal do ukiyo-e, os gravados paisaxísticos, ou fūkei-ga, cun enfoque especial nas "vistas famosas" (Meisho). Estes gravados de paisaxes aproveitaron ó máximo as novas posibilidades ofrecidas pola representación occidental da perspectiva, que para entón os artistasxaponeses xa asimilaran de forma importante. As series de Hiroshige atoparon pleno éxito non só no Xapón, senón tamén nos países occidentais.
Ademais das cincuenta e tres estacións de Tōkaidō, a serie inclúe unha primeira impresión da saída, Nihonbashi (a ponte do Xapón), e a última impresión, Keishi (Kyoto), a capital imperial.
№ | Gravado impreso | Nº de estación e nome en galego | Xaponés | Transcrición |
---|---|---|---|---|
1 | Saíndo de Edo: Nihonbashi, "a ponte do Xapón" | 日本橋 | Nihonbashi | |
2 | 1.ª estación: Shinagawa.[3] | 品川 | Shinagawa | |
3 | 2.ª estación: Kawasaki | 川崎 | Kawasaki | |
4 | 3.ª estación: Kanagawa | 神奈川 | Kanagawa | |
5 | 4.ª estación: Hodogaya | 程ヶ谷, 保土ヶ谷 | Hodogaya | |
6 | 5.ª estación: Totsuka | 戸塚 | Totsuka | |
7 | 6.ª estación: Fujisawa | 藤沢 | Fujisawa | |
8 | 7.ª estación: Hiratsuka | 平塚 | Hiratsuka | |
9 | 8.ª estación: Oiso | 大磯 | Oiso | |
10 | 9.ª estación: Odawara | 小田原 | Odawara | |
11 | 10.ª estación: Hakone | 箱根 | Hakone | |
12 | 11.ª estación: Mishima | 三島 | Mishima | |
13 | 12.ª estación: Numazu | 沼津 | Numazu | |
14 | 13.ª estación: Hara | 原 | Hara | |
15 | 14.ª estación: Yoshiwara | 吉原 | Yoshiwara | |
16 | 15.ª estación: Kambara | 蒲原 | Kanbara | |
17 | 16.ª estación: Yui | 由井, 由比 | Yui | |
18 | 17.ª estación: Okitsu | 興津 | Okitsu | |
19 | 18.ª estación: Ejiri | 江尻 | Ejiri | |
20 | 19.ª estación: Fuchū | 府中, 駿府 | Fuchū | |
21 | 20.ª estación: Mariko | 鞠子, 丸子 | Mariko | |
22 | 21.ª estación: Okabe | 岡部 | Okabe | |
23 | 22.ª estación: Fujieda | 藤枝 | Fujieda | |
24 | 23.ª estación: Shimada | 島田 | Shimada | |
25 | 24.ª estación: Kanaya | 金屋, 金谷 | Kanaya | |
26 | 25.ª estación: Nissaka | 日坂 | Nissaka | |
27 | 26.ª estación: Kagegawa | 掛川 | Kagegawa | |
28 | 27.ª estación: Fukuroi | 袋井 | Fukuroi | |
29 | 28.ª estación: Mitsuke | 見附 | Mitsuke | |
30 | 29.ª estación: Hamamatsu | 浜松 | Hamamatsu | |
31 | 30.ª estación: Maisaka | 舞阪 | Maisaka | |
32 | 31.ª estación: Arai | 荒井, 新居 | Arai | |
33 | 32.ª estación: Shirasuka | 白須賀 | Shirasuka | |
34 | 33.ª estación: Futagawa | 二川 | Futagawa | |
35 | 34.ª estación: Yoshida | 吉田 | Yoshida | |
36 | 35.ª estación: Goyu | 御油 | Goyu | |
37 | 36.ª estación: Akasaka | 赤坂 | Akasaka | |
38 | 37.ª estación: Fujikawa | 藤川 | Fujikawa | |
39 | 38.ª estación: Okazaki | 岡崎 | Okazaki | |
40 | 39.ª estación: Chiryu | 地鯉鮒, 知立 | Chiryu | |
41 | 40.ª estación: Narumi | 鳴海 | Narumi | |
42 | 41.ª estación: Miya | 宮 | Miya | |
43 | 42.ª estación: Kuwana | 桑名 | Kuwana | |
44 | 43.ª estación: Yokkaichi | 四日市 | Yokkaichi | |
45 | 44.ª estación: Ishiyakushi | 石薬師 | Ishiyakushi | |
46 | 45.ª estación: Shōno[4] | 庄野 | Shōno | |
47 | 46.ª estación: Kameyama | 亀山 | Kameyama | |
48 | 47.ª estación: Seki | 関 | Seki | |
49 | 48.ª estación: Sakanoshita | 坂ノ下 | Sakanoshita | |
50 | 49.ª estación: Tsuchiyama | 土山 | Tsuchiyama | |
51 | 50.ª estación: Minakuchi | 水口 | Minakuchi | |
52 | 51.ª estación: Ishibe | 石部 | Ishibe | |
53 | 52.ª estación: Kusatsu | 草津 | Kusatsu | |
54 | 53.ª estación: Otsu | 大津 | Otsu | |
55 | O final de Tōkaidō: Chegada a Kyoto. | 京師 | Sanjō Ōhashi en Keishi ("A capital") |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.