From Wikipedia, the free encyclopedia
Hiroshige, nado en Toquio en 1797 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1858, tamén coñecido Andō Hiroshige (grafía xaponesa 安藤広重), Utagawa Hiroshige (歌川広重) e aínda Ichiyusai Hiroshige, foi un dos máis grandes paisaxistas xaponeses, elevando este tema a un nivel artístico de estilo inigualado. Distinguíuse polas series de estampas do monte Fuji e de Edo (o actual Toquio), debuxando xenialmente as escenas e a atmosfera da cidade, tomando os instantes da vida cotiá da urbe antes da súa transformación na era Meiji (1868-1912).
Nome orixinal | (ja) 歌川広重 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja-hrkt) 安藤 徳太郎 1797 Edo, Xapón |
Morte | 12 de outubro de 1858 (60/61 anos) Edo, Xapón |
Causa da morte | cólera |
Lugar de sepultura | Tōgaku-ji (en) |
Dōshin (en) hikeshi (en) | |
1809 – 1832 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | 安藤 重右衛門 安藤 徳兵衛 安藤 鉄蔵 歌川 広重 |
Grupo étnico | Pobo xaponés |
Actividade | |
Campo de traballo | Ukiyo-e |
Lugar de traballo | Edo Kyoto |
Ocupación | pintor, artista de ukiyo-e, xilógrafo |
Período de actividade | 1818 - |
Xénero artístico | Arte de paisaxes e ukiyo-e |
Movemento | Utagawa school (en) e Kasei culture (en) |
Profesores | Ichiriusai Toyohiro e Ōoka Unpō (pt) |
Alumnos | Hirokage (pt) , Utagawa Shigekiyo (en) , Q11545221 , Q35999857 , Q11545222 , Q11605744 e Yoshinobu Utagawa (en) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Japanese Woodblock Prints: Artists, Publishers and Masterworks 1680-1900 (en) Encyclopædia Britannica |
As súas obras -gravuras con técnica xilográfica- caracterízanse polo seu formato vertical, pola mestría sutil de cores libre -con dominio do verde e do azul- e polo sentido do primeiro plano, que sería máis tarde retomado pola fotografía e o cine. Xunto con Katsushika Hokusai (1760-1849) alcanzaría a cima da arte paisaxística xaponesa do século XIX.
A súa obra máis coñecida foron as xilografías coreadas 53 Estacións de Tōkaidō.
Era fillo dun samurai de baixo rango, que servía na fortaleza do Shōgun en Edo, nome antigo de Toquio, como tirador de armas de fogo, que o enviaría, con 13 anos, como aprendiz do mestre xilografista Utagawa Toyohiro. Alí aprendería a desenvolver os motivos tradicionais do Ukiyo-e como as vistas das vellas rúas.
Tōkaidō era naquela época unha importante estrada principal que unía Kyoto e Edo. En 1832 Hiroshige acompañou un ministro plenipotenciario do Shogun desde Edo ata o Pazo imperial de Kyoto, tomando apuntamentos de cada unha das 53 estacións ao longo da estrada. Con eses apuntamentos realizou desde 1833 ata1834 as 55 follas das 53 Estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 tōkaidō gojusan tsugi).
A obra pertence ao estilo tradicional de xilografías Ukiyo-e „O mudo fugaz e pasaxeiro“, pero con novas e desacostumadas maneiras: nenguén antes no Xapón executara escenas de estradas con xentes do pobo común, que se movían mentres realizaban as súas tarefas e traballos.
Outras realizacións importantes de Hiroshige son as Vistas de Kisokaidō, con escenas doutra arredada estrada do vello Xapón, e 100 vistas de Edo (1856-1858).
As xilografías coreadas de Hiroshige influíron nos impresionistas franceses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.