As Pontes de García Rodríguez
concello da comarca do Eume, na provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Pontes de García Rodríguez,[1] tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres.[2] O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | As Pontes de García Rodríguez | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.867 (2023) (39,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 249,4 km² | ||||
Altitude | 340 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde das Pontes | Valentín González Formoso | ||||
Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15320 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15070 | ||||
Páxina web | aspontes.com |
Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.
No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.
A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.