Artrópodos
filo de animais / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dos artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, «articulación» e πούς, poús, «pé») é un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados.
Artrópodos Arthropoda Rango fósil: cámbrico – actualidade | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Collage de artrópodos modernos e extinguidos | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subfilos | |||||||||
Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón),[1][2] que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.
Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.
A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirabelmente eficaz. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no aire. Existen tamén moitas formas parasitas e simbióticas.